Tuesday 30 de April de 2024

A Concellaría de Mocidade organiza para o 1 de novembro unha festa de Samaín para mozos e mozas de 12 a 18 anos


Despois da boa acollida que tivo o campus urbano para adolescentes, e recollendo unha das ideas que xurdiu desa experiencia, a Concellaría de Mocidade está a preparar unha festa xuvenil de Samaín para o 1 de novembro. A iniciativa desenvolverase na planta alta do mercado municipal, en horario de tarde, e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 18 anos.

A celebración incluirá todos os ingredientes propios da época, desde un castañeiro ata un obradoiro de maquillaxe de caracterización, cócteles sen alcohol, photocall, dj e unha decoración terrorífica!

Permanece atentos/as, porque moi pronto abriremos o prazo de inscrición. Pero, de momento, ide reservando a data.